Iolanda Galanes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1969 (54 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Iolanda Galanes Santos, nada en Vigo o 15 de agosto de 1969, é unha filóloga, terminóloga e profesora universitaria galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutora en filoloxías galega e portuguesa, é unha experta en terminoloxía e tradución, colaborando en institucións como o Consello da Cultura Galega, a Escola Galega de Administración Pública, o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales ou a Université de Laval (Québec, Canadá).
Domina os idiomas francés, galego, portugués, castelán, e inglés, sendo especialista en tradución especializada: tradución xurídica, administrativa, económica e científica.
As súas investigacións céntranse na terminoloxía, as linguas de especialidade, a planificación lingüística e a tradución literaria en Galicia.
É profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, e Presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía.[1] Ademais foi colaboradora do diario Xornal de Galicia.[2]
Forma parte de equipo de traballo da Biblioteca de tradución galega.
Distincións[editar | editar a fonte]
Foi galardoada co Premio de Tradución Plácido Castro, na súa quinta edición (2005), pola súa versión ao galego de A herdanza dos caracteres adquiridos, de Michel Delson.
Obras[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sociedade Galega de Terminoloxía". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2013. Consultado o 22 de maio de 2011.
- ↑ Xornal de Galiciaarquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2010