Gustavo Freire
(Redirección desde «Gustavo Freire Penelas»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1885 Lugo, España |
Morte | 4 de setembro de 1948 (62 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Gustavo Freire Penelas, nado en Lugo o 14 de setembro de 1885 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1948[1], foi un compositor galego con afinidade galeguista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Da man do seu padrasto, en 1907 ingresa no conservatorio de música de Madrid. Anos máis tarde incorpórase como violinista na Orquestra Sinfónica Nacional de España. Compón daquela as rapsodias Festa na Tolda e Airiños. Tras a guerra regresa a Lugo, onde dirixe a orquestra do Círculo das Artes da cidade, amais de impartir clases. En 1943 compón unha das súas obras cumio: Non chores, Sabeliña, zarzuela galega con texto de Xosé Trapero Pardo. A súa música bebe da tradición do folclore galego.
O auditorio municipal de Lugo leva o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Repentinamente ha fallecido Gustavo Freire". El Progreso. 4 de setembro de 1948.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Julio Fernández y Pardo de Neira (2005). "Freire Penelas, Gustavo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.