Atol Erikub
Erikub | |
---|---|
Datos | |
País | Illas Marshall |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitado |
Superficie | 1´53 km² |
Superficie lagoa | 230 km² |
Nº de illas | 6 |
Coordenadas | 09°08′30″N 170°00′00″L / 9.14167, -170.00000 |
Maior Altura | 9 m. |
Localización | |
O Atol Erikub é un atol deshabitado localizado na área central da Cadea Ratak nas Illas Marshall. O atol está lixeiramente ao sur dun atol lixeiramente máis grande chamado Wotje.
Hai 6 illas que se combinan para crear unha área total de terra de 1´53 km², un dos máis pequenos das Illas Marshall. As 6 illas rodean unha lagoa central que cobre unha área de 230 quilómetros cadrados.
Debido a súa escasísima elevación sobre o nivel do mar, é moi factible que este conxunto de illas sexan tapadas pola auga nun futuro próximo, debido ao quecemento global que provoca desxeos.
Historia[editar | editar a fonte]
O atol Erikub foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Erikub quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da independente República das Illas Marshall desde 1986.