Eduardo de Torres Taboada
(Redirección desde «Eduardo de Torres y Taboada»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1851 Santiago de Compostela, España |
Morte | 8 de xaneiro de 1921 (69 anos) A Coruña, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Eduardo de Torres Taboada, nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1851 e finado na Coruña o 8 de xaneiro de 1921[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi deputado provincial. Foi elixido deputado polo distrito de Muros nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1899 foi elixido polo distrito da Coruña, polo que volveu ser elixido en 1901, 1903, 1905 e 1907. Foi senador pola provincia da Coruña en 1910, 1911, 1914 e 1915. En 1902 fundou e dirixiu o periódico Diario de La Coruña.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Asunción Sanjurjo Flórez, condesa de Torre Penela, filla de Pedro Sanjurjo Pérez. Foi pai de Amalia Torres Sanjurjo, que casou en 1916 con Pedro Barrié de la Maza[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en El Orzán, 9-1-1921, p. 1.
- ↑ El Noroeste, 3-8-1916, p. 1.