Conversa ficheiro:Wiki5anos.png
Agora xa pasado o tempo do aniversario creo que esta imaxe debe ser borrada porque incumple a normativa de imaxes. Trátase dunha imaxe cedida por un terceiro ao dominio libre. A galipedia non ten un sistema para subir este tipo de imaxes agás que a suba o propio deseñador. A outra alternativa é que se subise a Commons a través de OTRs, sistema no que queda a necesaria constancia da cesión expresa do deseñador.
Por outra banda ao tratarse dun deseño baseado no logo de wikipedia non é de dominio público senón copyright de wikipedia como se correxiu pero a fonte segue a indicar que o deseñador orixinal a cedeu ao dominio público.
O choio das imaxes feitas por terceiros son complicadas, para iso creo que a mellor alternativa foi a que sinalou noutro lugar Lameiro tentar convencer ao amigo de turno que se rexistre na Galipedia e que sexa el mesmo o que a suba. Lansbricae (Ti dirás) 20:35, 10 marzo 2008 (UTC)
- A discusión debe realizarse en Wikipedia:Imaxes para borrar--79.155.108.168 16:53, 6 marzo 2009 (UTC)