Colodión húmido
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Colodi%C3%B3n_h%C3%BAmedo%2C_collodion_wet_plate_process%2C_el_colodi%C3%B3n_se_vierte_en_una_placa_de_vidrio%2C_IPCE%2C_Madrid%2C_Espa%C3%B1a.jpg/220px-Colodi%C3%B3n_h%C3%BAmedo%2C_collodion_wet_plate_process%2C_el_colodi%C3%B3n_se_vierte_en_una_placa_de_vidrio%2C_IPCE%2C_Madrid%2C_Espa%C3%B1a.jpg)
O colodión húmido é un procedemento fotográfico creado no ano 1851 por Frederick Scott Archer que supuxo un grande avance no desenvolvemento da fotografía. O método supón a utilización do colodión,[1] unha especie de verniz que se aplica ás placas, sobre o cal se entende a emulsión química, así como unha placa de cristal transparente e puída que permite a obtención de imaxes nítidas en negativo ou, incluso, positivo.
Chámase colodión húmido porque a placa ha de permanecer húmida durante todo o procedemento de toma e revelado das imaxes. Isto supuña que os fotógrafos tiñan que levar consigo o laboratorio fotográfico a fin de preparar a placa antes da toma e proceder a revelala inmediatamente. Xeneralizouse así o uso de tendas de campaña e carromatos reconvertidos en laboratorios para os fotógrafos que traballaban no exterior.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Teatro_romano_de_M%C3%A9rida_en_el_siglo_XIX..jpg/220px-Teatro_romano_de_M%C3%A9rida_en_el_siglo_XIX..jpg)
Outro dos grandes inconvenientes deste método era o da fraxilidade das placas de cristal empregadas como soporte, que en multitude de ocasións acababan raiadas ou rotas.
Co emprego deste procedemento conseguiuse reducir o tempo de exposición a un máximo de trece segundos e un mínimo dun segundo, o cal provocou unha diminución dos custos. Outra das grandes vantaxes era a estabilidade da emulsión empregada.
A súa xeneralización motivou o abandono do emprego doutros procedementos como o daguerrotipo ou o calotipo, á vez que supuxo a popularización do acceso ó mercado de imaxes de famosos por parte das clases obreiras.
Na década de 1870 o seu uso acabou sendo desprazado pola aparición da instantánea fotográfica e o carrete fotográfico.
Na actualidade[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Greta_Thunberg_in_Wet_Plate_Collodion_by_Shane_Balkowitsch_%22Standing_For_Us_All%22.jpg/220px-Greta_Thunberg_in_Wet_Plate_Collodion_by_Shane_Balkowitsch_%22Standing_For_Us_All%22.jpg)
Hoxe a técnica emprégase con fins artísticos e organízanse obradoiros.[2] Algúns personaxes actuais, como a activista Greta Thunberg, foron retratados con esta técnica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Dicionario; colodión". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-16.
- ↑ "O espazo Dispara da Estrada organiza un obradoiro fotográfico de colodión húmido". EstudosAudiovisuais.org ; desonhos.net. Consultado o 2023-07-16.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colodión húmido ![]() |