Saltar ao contido

Acampada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cámping»)
Tenda de campaña nunha acampada ao aire libre.

Unha acampada (do inglés camping), é unha actividade polo xeral ao aire libre que implica pasar unha ou máis noites nunha tenda, carpa ou autocaravana, habitualmente co gallo de se achegar á natureza. Non obstante existen acampadas con outros fins, en medio da civilización ou mesmo baixo teito como é o caso dos refuxiados por catástrofes naturais ou incluso de manifestantes. Así mesmo, nos concertos cunha duración de varios días é frecuente a existencia dun espazo adxacente que se acorda habilitar como lugar para a acampada.