Atol Arorae
Arorae | |
---|---|
Datos | |
País | Kiribati |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2009) | 1.225 hab. |
Superficie | 9´5 km² |
Superficie lagoa | non ten lagoa |
Nº de illas | 1 |
Coordenadas | 2°38′37″S 176°49′54″L / -2.64361, -176.83167 |
Maior Altura | |
Localización | |
Arorae (anteriormente coñecido como Arorai, Arurai, Illa Hope ou Hurd) é un atol do grupo de illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati. Está localizado preto da liña ecuatorial no océano Pacífico central.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O atol ten unha área de 9,5 km² e unha poboación de ao redor de 1225 habitantes (2000), dos cales a maioría son protestantes. As aldeas mais grandes da illa son Roreti, Tamaroa e Taribo.
O atol é unha illa coralina baixa e plana con forma alargada. Mide 9 km de longo por 1 km de ancho. Como é un atol moi pequeno, non posúe ningunha lagoa interior.
Asentamentos[editar | editar a fonte]
Nanimona, Roreti, Tamaroa, Tamoa.
Cultura[editar | editar a fonte]
A cultura Arorae foi influenciada máis por Samoa que por outras das Illas Gilbert. Isto é porque misioneiros de Samoa establecéronse na illa e converteron á poboación á Igrexa Protestante.