Antonio Rodríguez de Fraga
(Redirección desde «Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Porto do Son, España |
Morte | 1958 (76/77 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista |
Antonio Rodríguez de Fraga Fraga, nado en Porto do Son en 1881 e finado en Buenos Aires en 1958, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Arxentina. Foi vicepresidente da Casa de Galicia de Buenos Aires (1922)[1]. Colaborou en Correo de Galicia, sendo moi coñecido o seu artigo “De los celtas, no”. Dirixiu o periódico Hispania editado pola Asociación Patriótica Española en 1949. Foi membro corresponde da Real Academia Galega.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Correo de Galicia, 23-4-1922, p. 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rodríguez Santamaría, Xoán Pastor (2012). "As letras de Porto do Son. Unha panorámica" (PDF). Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza (12): 79–90. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.