Aniceto Codesal
(Redirección desde «Aniceto Codesal Lozano»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1919 Oleiros, España |
Morte | 29 de abril de 2008 (88 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | economista , empresario , político |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Aniceto Codesal Lozano, nado en Oleiros (Vilalba) o 30 de decembro de 1919 e finado o 29 de abril de 2008, foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Perito mercantil, doutor pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, é catedrático da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Lugo, da que foi Director. Concelleiro en Lugo (1979-1981 e 1987-1991), nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado no Congreso de Alianza Popular pola provincia de Lugo (1982-1986). Nas eleccións xerais de 1986 foi elixido senador de Alianza Popular pola provincia de Lugo e volveu ser elixido nas xerais de 1989. Foi presidente do Partido Popular e da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer en Lugo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado