Atol Amanu
Amanu | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 163 hab. |
Superficie | 10 km² |
Superficie lagoa | 240 km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 17°43′S 140°39′O / -17.717, -140.650Coordenadas: 17°43′S 140°39′O / -17.717, -140.650 |
Maior Altura | |
Localización | |
Amanu é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Forma unha comuna asociada á comuna de Hao. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 15 km ao norte de Hao.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O atol ten unha forma ovalada, de 29 km de longo e 10 km de ancho. A superficie total é de 28 km². A lagoa dispón de tres pasos ao oeste. Ao leste hai uns perigosos escollos para a navegación. A vila principal é Ikitake e a poboación total era de 163 habitantes no censo de 2007. Non dispón de infraestruturas significativas.
Historia[editar | editar a fonte]
Amanu foi descuberto a vixilia de Todos Santos de 1774, por José Andía y Varela que o chamou Illa das Ánimas. Foi cartografado por Bellinghausen en 1820, baixo o nome de Moller Island. Tamén se coñeceu co nome de Freycinet.
En 1929 atopáronse os canóns da carabela española San Lesmes, perdida en 1526. Era a segunda expedición española ás Molucas comandada por García Jofre de Loaisa. Ao saír do estreito de Magalláns, a carabela San Lesmes perdeuse no Pacífico. O investigador australiano Robert Langdon mantén que encallou en Amanu, os tripulantes sobreviviron e influíron na cultura das illas veciñas. No ano 2000 atopáronse os restos do HMS Hercules, perdido en 1821.