Alejandro Blanco
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alejandro Blanco Bravo 9 de outubro de 1950 (73 anos) Ourense, España |
President of Spain's Olympic Comitee (en) | |
9 de setembro de 2005 – ← José María Echevarría Arteche | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | dirixente deportivo , judoka |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | Judo |
Premios |
Alejandro Blanco Bravo, nado en Ourense o 9 de outubro de 1950, é un antigo judoca e actual dirixente deportivo galego, presidente do Comité Olímpico Español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Física pola Universidade de Valladolid. Dende novo practicou o judo, tanto como deportista como como árbitro ou adestrador, e chegou a ser o propietario dun centro de adestramento deste deporte en Valladolid. Entre 1985 e 1993 foi presidente da Federación de Judo de Castela e León. En febreiro de 1993 foi elixido presidente da Federación Española de Judo e reelixido para o posto en tres ocasións máis ata 2005.
No ano 2000 é escollido presidente pola Federación Europea de Judo e o 29 de setembro de 2005 é escollido presidente do Comité Olímpico Español. Foi reelixido o 29 de abril de 2009 por un novo período de catro anos[1].
Durante a súa presidencia, o Comité Olímpico Español iniciou unha campaña para promover unha letra para o himno español, que finalmente non se levou a termo[2].
Predecesor: José María Echevarría y Arteche |
presidente do COE 2005-actualidade |
Sucesor: no cargo |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten dous fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O ourensán Alexandre Blanco reelixido presidente do COE, Vieiros, 29/4/09
- ↑ O COE retira a letra do Himno de España e non a presentará ó Parlamento Arquivado 19 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 16/1/2008